27 Ago Axudas “mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade”, “fomento da conservación” e “mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade”.
AXUDAS publicadas no DOG do martes 21 de agosto de 2018 en relación á Resolución do 3 de agosto de 2018 pola que se convocan para o ano 2018 as subvencións dos programas de “mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade”, “fomento da conservación” e “mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade” do Plan estatal 2018-2021:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180821/AnuncioC3Q2-090818-0001_gl.html
DIRIXIDO A: Edificios de tipoloxía residencial rematados antes do 1 de xaneiro de 1996 (residencial unifamiliar, colectivo e vivendas situadas en edificios colectivos)
BENEFICIARIAS: Comunidades de propietarios, agrupacións de comunidades de propietarios, persoas físicas, agrupacións de persoas propietarias, sociedades cooperativas, empresas construtoras e persoas físicas arrendatarias
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES: Obras de mellora da eficiencia enerxética da envolvente(aforro mín. 25%) e das instalacións, protección contra o ruído e mellora da salubridade (Liña A); obras de fomento da conservación en edificios e vivendas, obras de mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade (Liña B)
CONDICIÓNS PARTICULARES: Os edificios residenciais colectivos deben cumprir:
Que, polo menos, o 70% da superficie construída teña uso residencial vivenda Que, polo menos, o 50% das vivendas estean ocupadas como residencial habitual Que as actuacións conten co acordo da comunidade de propietarios
AXUDA:
Unifamiliar: Ata 12.000 € (Liña A) e 14.000 € (Liña B)*
Colectiva: Ata 8.000 €/vivenda e 80 €/m2 local (Liña A-Liña B,agás conservación)*
Ata 3.000 €/vivenda e 30 €/m2 local (Liña B-conservación)*
*Contía máxima 40% do custo subvencionable (ata 75% en casos ingresos < 3 Iprem, accesibilidade con persoas con discapacidade ou maior de 65 anos)
PRAZO SOLICITUDES: 1 mes, ata o 21 de setembro de 2018 (orzamento 4.120.000 €/anualidade, 2018-2019-2020, total 12.360.000 €)
PRAZO EXECUCIÓN OBRAS: 24-26 meses máximo
LUGAR: A solicitude tramitarase por vía electrónica (https://sede.xunta.gal) segundo modelo normalizado Anexo I e documentación complementaria artigo 9º, sendo dirixidas á Area Provincial do IGVS de Pontevedra (as persoas físicas tamén poderán tramitar presencialmente)