03 Abr Axudas ACCESIBILIDADE 2018
Publicouse no DOG nº 60 do 26 de marzo de 2018 a Orde da Consellería de Infraestruturas e Vivenda pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións do Programa de instalación de ascensores e outros dispositivos de accesibilidade en edificios de tipoloxía residencial colectiva, nas súas vivendas dúplex e en vivendas unifamiliares, e se convocan para o ano 2018, con carácter plurianual:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180326/AnuncioG0423-150318-0001_gl.html
OBXECTO: Instalación de ascensores, elevadores, salvaescaleiras e demais dispositivos de accesibilidade
BENEFICIARIOS: Comunidades de propietarios e persoas fisicas propietarias de edificios de tipoloxía residencial colectiva, dúplex incluídos, e vivendas unifamiliares
REQUISITOS: Ingresos inferiores a 3.5 veces Iprem, no caso de dúplex e unifamiliares
GASTOS SUBVENCIONABLES: Instalación dos dispositivos de accesibilidade e honorarios dos profesionais que interveñan, excluíndo os gastos derivados de impostos, taxas e tributos
AXUDA: 60% do investimento subvencionable cuns máximos dende os 2.500 € ata os 35.000 €, segundo o número de vivendas e a súa situación (ámbito histórico e camiño de Santiago)
PRAZO: Solicitudes: ata o 30 de maio de 2018, agás suposto de esgotamento de crédito (1.500.000 € /2018 e 1.000.000 € / 2019). Xustificación: 15 días dende o seu remate ou o prazo fixado na concesión da subvención
LUGAR: Vía electrónica a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ) e, no caso de persoas físicas, tamén en formato papel